Archivos de la categorías: Sin categoría

Xornada Intercírculos en Compostela #OProgramaDaXente

photo_2015-08-12_17-08-53

photo_2015-08-12_17-08-53

As Xornadas Intercírculos de Podemos Galicia chegan a Compostela, onde temos un encontro presencial para elaborar de maneira colectiva o programa para as eleccións xerais. Aquí tedes máis información: http://bit.ly/1LT7z3Q

Compostela acolle esta xornada o xoves 13 ás 19:00 horas no Salón Belvís do Hotel Virxe da Cerca. A dirección do hotel é na Rúa Virxe da Cerca, 27, pero recoméndase acceder pola Rúa das Trompas para chegar de xeito máis directo ao Salón Belvís.

Temos habilitado un formulario para recollida de propostas http://goo.gl/forms/YhFWyaQ3Hz.

Evento en facebook: https://www.facebook.com/events/1604747633111692/

Vídeo tutorial para subir as propostas directamente en Praza Podemos

Vídeo animando á participación

Xornadas sobre Procesos Constituintes e Plurinacionalidade

O pasado venres 17 e sábado 18, vivimos en Compostela unhas xornadas didácticas sobre “Procesos Constituíntes e Pluninacionalidade”, organizados por Podemos Galicia. A praza de Mazarelos e a Faculade de Filosofía acolleron a multitude de participantes nunhas xornadas abertas, que xeraron espazos de encontro, debate e convivencia.

Entre outros, podemos destacar a asistencia de Ïñigo Errejón e Xosé Manuel Beiras, os cales acapararon a atención na última xornada do encontro, mostrando os puntos en común e diferenzas en torno ó marco institucional dende o cal establecer unha ruptura co chamado réxime do 78, así como unha nova relación no marco europeo e cos organismos supranacionais que actualmente están a impoñer medidas de axuste estructural ós países do sur de Europa.

Neste enriquecedor debate, xunto con Luisa Bouza, Gemma Ubasart, Marina Albiol e o historiador Xavier Domènech, abordáronse temáticas como a unidade popular, a confluencia e a vontade colectiva de cambio nun sentido democrático e popular. Nestos análises, destaca a presenza da fisura territorial como unha das partes fundamentais da crise do bloque institucional e socio-político do réxime do 78, o cal non pode dar resposta a esta cuestión, poñendo de novo a debate a plurinacionalidade do Estado.
Mediante talleres e mesas de debate, desgranouse a cuestión da plurinacionalidade dende distintos prismas e enfoques, permitindo un espazo de creación de coñecemento colectivo no que simpatizantes e curiosos tiveron a posibilidade de participar e interactuar cos poñentes nas distintas palestras. Así, plantexáronse as diversas problemáticas e retos ós que se enfrenta o país como a conservación do patrimonio, o grave desequilibrio demográfico ou a importancia da cultura propia e a lingua galega.
Ademáis, nunha palestra de alto nivel, tratouse con Abuy Nfubea, Ramón Gosfroguel e René Fernández, a cuestión colonialista e postcolonialista, atendendo ás dinámicas inclusión/exclusión no sistema-mundo e a posición das periferias na división internacional do traballo.

Neste sentido, os discursos desarrollistas do norte de Europa e a pauperización masiva do sur, serven como unha sorte de xerador de periferias as cales ofrecen man de obra barata ás potencias económicas do norte, facendo posible a competición destas con outros bloques económico-políticos. Así, analizamos a situación do país dentro destas estructuras e as posibilidades e límites dunha política transformadora coa que conseguir o cambio socio-político nunha dirección decolonial, como nos dice Gosfroguel, pensándonos a nós mesmos coma sur.

Destacar tamén a asistencia de Martiño Noriega, Xulio Ferreiro e Raimundo Viejo, os cales participaron nunha mesa redonda na que debatiron sobre o proceso constituínte dende unha perspectiva municipalista. Dende o recoñecemento de retos, ilusións e doenzas comúns, os alcaldes e o concelleiro “rebeldes”, compartiron cos asistentes as experiencias dos distintos proxectos nun ambiente distendido e cuns discursos cargados de esencia constituínte.

En definitiva, e salvo pequenos problemas de organización e tempos, estas xornadas foron un éxito en canto á inducción a reflexión, convivencia e construcción dun proxecto en común de carácter transformador e constituínte. Creouse un espazo idóneo para a posta en común dunha serie de ferramentas, de desafíos a superar, de colaboración e de crítica, tremendamente productivo para calquer proxecto político con vontade emancipadora.

Pode ser que as circunstancias históricas que estamos a vivir e a velocidade de vértigo á que estamos obrigados pola situación de emerxencia social e política actual non nos deixe tempo para realizar certos análises e reflexións necesarias para un proxecto desta envergadura. Ter estes espacios de discursión abertos axúdannos a entender mellor a realidade e á vez, ármanos frente a esa minoría privilexiada que sen dúbida tratará de marcar a axenda e reprimir calquer posibilidade de cambio.
Levamos moito tempo contruíndo o cambio, construíndo país entre todas e todos. Unha construcción multinivel, de abaixo a arriba, creando o país que sempre quixemos, que sempre tivemos na mente. Temos un desafío enorme por diante e unha gran ilusión por superalo. Queremos identificar e respectar as distintas sensibilidades existentes, atopar os puntos que nos unen e decidir cómo nos organizamos para convivir mellor. Queremos decidir cómo se distribuen os recursos e cómo nos relacionamos. Queremos decidilo todo.

O momento é agora, agora ou nunca, e cada vez soa más forte e claro o mandato que temos en Podemos, esto é, “mandar obedecendo”, como di o alcalde da Coruña, “esa mestura case perfecta entre zapatismo e rock & roll”.

Alex Almon Pazos,
Membro do Circulo Podemos Compostela