Archivos de la categorías: Actualidade

Un sorpasso por fascículos

ClYlP__VEAAv9MR

ClYlP__VEAAv9MR

O sorpasso a nivel estatal terá que agardar, é unha realidade. O pasado domingo vivimos unha xornada decepcionante para moitxs dos que levamos nestes espazos dende o comezo, dos que non levan tanto e dos que acaban de chegar. Toca dixerir os resultados, analizar e afinar a puntería para non errar o seguinte tiro.

Nas últimas semanas non pararon de saír enquisas que, sen querelo, producían en nós unha sensación de euforia. ¿Estaban erradas? Non, en realidade as probabilidades de acadar a segunda posición eran moi reais e seguen a selo. Toca, como digo, afinar a puntería.

Outra cousa é en Galicia onde xa consumamos o sorpasso hai tempo. Os datos mostran o feito efectivo xa en 2015, aínda que neste último proceso electoral existe un retroceso e a situación actual é de empate técnico co PSOE. Uns 900 votos de diferenza entre unha forza e outra. A Marea está baixa.

A foto da situación actual devólvenos á realidade, isto é, a nivel Estado todas as confluencias perden apoio, pero no caso de En Marea o descenso é maior. A caída da participación en algo máis de 3 puntos en Galicia é unha das claves para entender os resultados obtidos nos últimos comicios. Neste punto toca reflexionar sobre o proceder, as estratexias e os erros que se puideron cometer durante todo este proceso.

Por outro lado, a implantación territorial do PSOE, e especialmente do PP, conseguen provocar a movilización do seu electorado en toda Galicia. Esta, como ben sabemos, é unha das nosas debilidades. A implantación territorial, chegar ao rural e a actividade de todos os círculos, constitúe algunhas das carencias máis relevantes á hora da competición electoral. A sinerxia entre os distintos círculos e non a competición nin o localismo deberían ser, a nivel territorial, a nosa ferramenta máis potente.

A nivel municipal, a liña é a mesma. Descenso da participación en preto de 3 puntos, baixada importante de EM e BNG, mentren suben PP, PSOE e C’s. Cómpre ter en conta a importancia capital dos resultados nos Concellos do Cambio, que tampouco conseguen manter os resultados da confluencia. Isto é preocupante e responsabilízanos directamente. Se nin sequera nos Concellos onde desbordamos as urnas nos procesos municipais somos capaces de mobilizar á xente, temos unha situación complicada. A baixa participación é a nosa criptonita, e eles sábeno, de aí a campaña do medo, especialmente eficaz nun país propenso ao consevadurismo, con moito voto de xente maior.

Tamén, no resto da comarca os resultados non son os agardados. Os compañeirxs de Ames, un Concello onde a marea subiu ao máis alto no 20D, experimenta un descenso de case 1 punto e medio e cae á segunda posición.

Pero dito isto, e sen ánimo de ofrecer explicacións aventuradas ou panaceas, toca entender que todo este proceso foi demasiado rápido. Se ben estamos preto de conseguir uns obxectivos moito máis ambiciosos, é preciso entender que a rapidez coa que queimamos etapas durante este tempo non era nin imaxinable non hai moito. O asalto aos ceos, aínda que durante un tempo pensamos que podía facerse en 2 anos e medio, resulta ser unha loita longa, chea de obstáculos e situacións tremendamente complexas. Pecamos de inocentes e confiámonos.

Reflexionemos e poñamos en común, é a única maneira. É preciso reactivar os círculos, as nosas forzas territoriais que nos últimos meses están a perder forza. Reactivar os espazos de reflexión e mobilización, deixando as tarimas e baixando á pé de rúa. As campañas polo de pronto remataron, non é momento de mirar só ao institucional ou de cara a procesos internos non dixeridos. Tezamos as distintas partes do movemento popular e deixemos durante un tempo as demandas electorais. Só así, cando remate o verán, podremos pensar en botar a Feijoó da Xunta, doutra forma, vai ser moi difícil.

Pode ser que pecaramos de certa inxenuidade, é certo. Pero aí estamos, cuns resultados que lonxe de ser suficientes, non cerran a xanela de oportunidade para un cambio profundo no país. Erramos o disparo nesta ocasión, pero resistimos e seguimos para tentar incorporar á xente que falta. Tentar convencelxs de que esta loita vale a pena.

Toca resistir, toca reconstruir, toca levantarse. A verdade é que isto xa o sabemos facer. Levamos moito tempo resistindo. Na próxima etapa o que nos toca é aprender a gañar. Preparémonos, porque aínda con todo, estamos moi preto.
Alex Almón
Membro do Círculo Podemos Compostela

Por un 10 de Marzo con Pan, Traballo e Teito

10 marzo

10 marzo

En 1972 tiveron lugar as maiores mobilizacións obreiras dos primeiros anos 70. A chamada Folga de Michelín en Araba – Euskadi – reuniu unhas 3.500 traballadoras e traballadores nun paro que durou dende o 26 de Xaneiro ata os primeiros días de marzo. En Ferrol, Marzo comeza co paro dos traballadores de Bazán no que non podemos esquecer o importante papel das mulleres. Mulleres como Fina Varela, convertéronse en exemplo de loita; Amador Rey e Daniel Niebla, militantes do PCE, foron asasinados pola policía nunha manifestación que reclamaba un novo convenio colectivo. Si, loitaban por un convenio, por esa ferramenta de negociación colectiva que o PP desactivou e que o pacto PSOE-Ciudadanos non garante a súa recuperación. Naquel intre, a solidariedade desde Cádiz, Barcelona ou Madrid, hoxe cidades do cambio, non se fixo agardar.

Cremos que a loita pola dignidade e pola Defensa dos dereitos humanos segue estando en pleno auxe e por iso reclamamos o cumprimento o artigo 25 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, “toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure a sanidade e o benestar, e en especial a alimentación, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e aos servicos sociais precisos”, e a asumimos como a nosa bandeira.

Desde PODEMOS cremos que é imprescindible facer fronte a situación de emerxencia social e por iso puxemos sobre a mesa unha proposta lexislativa que contempla medidas concretas para garantir o dereito a unha vivenda digna, o dereito a unha saude pública universal, a LEI 25 de EMERXENCIA SOCIAL:

  • Prohibición de desaloxamentos sen alternativa habitacional e paralización dos desafiuzamentos.
  • Garantía habitacional para as vítimas da violencia machista sen necesidade de denuncia previa.
  • Axudar a pagar a electricidade e o gas aos cidadáns que teñen menos recursos, para garantir un consumo mínimo vital.
  • Non se cortará o suministro de electricidade e de gas naqueles fogares que se consideren vulnerables.
  • Recuperar o acceso universal á saúde.
  • Eliminación dos copagos farmacéuticos en todo o territorio.

Só Podemos Vencer!

Calendario de saídas á rúa para dar a coñecer a Lei 25

Na última xuntanza de traballo do Círculo acordouse un calendario de saídas á rúa para dar a coñecer a Lei 25. A tal efecto comeza unha campaña de recollida de información e difusión sobre a Lei 25.

  • Mércores 2 de marzo en Campus Norte, Vista Alegre (grupo mocidade)
  • Xoves 3 de marzo ás 17.00 en ambulatorio Concepción Arenal. R/Santiago León de Caracas.
  • Martes 8 de marzo (grupo mocidade). Zona Nova
  • Sábado 12 de MARZO a 11.30hs en Praza de Abastos.

Xuntanza de grupos de traballo e posible participación no Entroido da cidade

photo_2016-01-15_14-50-30

Este xoves 4 celebramos unha xuntanza de grupos de traballo do Círculo, na que ademais está previsto que comecen os preparativos para participar no Entroido da cidade. A reunión terá lugar na Avenida de Lugo número 14 ás 20:30 horas, e animamos á cidadanía a sumarse a esta iniciativa.

Na xuntanza tratarase a redefinición dos grupos de traballo do Círculo, así como o establecemento dos seus obxectivos. Ademais, comezarase a traballar sobre unha proposta para participar no desfile de Entroido que todos os anos organiza o concello de Compostela, cunha comparsa de Emerxencia Social. A intención é realizar un acto lúdico e reivindicativo dende e coa cidadanía, no que poidan participar tamén colectivos e movementos sociais da cidade, que defenden o dereito á vivenda, o dereito á saúde e o rescate enerxético.

 

photo_2016-01-15_14-50-30

Rumbo ao 7N: Autobuses dende Galicia para a marcha contra a violencia machista

photo_2015-10-28_18-32-11

photo_2015-10-28_18-32-11

O próximo 7N haberá en Madrid unha marcha contra a violencia machista, organizada polo movemento feminista. Para apoiala, creouse o Equipo de Coordinación do 7N, que está a organizar autobuses para asistir a esta mobilización.

Os autobuses saen o 6 de novembro. Saída dende Compostela

Saída ás 24h da dársena de Xoán XIII.
Contacto: 7nbuscompos@gmail.com

E aquí vai a ligazón da canle de Telegram pola que se vai enviando información para que poidades estar ao tanto de todo: CANLE TELEGRAM 7N